Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lorenzana confirma que acudirán ao Supremo se o Goberno non rectifica o repartimento de fondos europeos

Lorenzana confirma que acudirán ao Supremo se o Goberno non rectifica o repartimento de fondos europeos

A conselleira de Emprego considera arbitrario o repartimento de fondos para políticas activas de emprego a través dun real decreto

G24.gal 17/01/2022 09:37

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Xesús Lorenzana, advertiu de que a Xunta acudirá ao Tribunal Supremo se o Goberno central non rectifica o repartimento de fondos europeos para políticas activas de emprego. Son 9 millóns de euros que recibiron catro Comunidades (Navarra, Euskadi, Valencia e Estremadura) que concorreron á convocatoria realizada a través dun real decreto.

Nunha entrevista no Galicia por diante, a conselleira de Emprego considerou que "estas actitudes son absolutamente arbitrarias e se decide dar diñeiro a dedo a catro comunidades polo mero feito de que teñen gobernos próximos ou que pactan co Goberno central. Isto é claramente o que sucedeu". De momento, a Xunta presentou un requirimento para que o Goberno rectifique, pero Lorenzana confirmou que, se non o fai, acudirá ao Supremo.

A titular de Emprego dixo tamén ser optimista sobre a recuperación de emprego en Galicia durante o ano 2022 e explicou que o sector servizos é o que mellor se está recuperando da crise producida pola pandemia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade