A Xunta abre un concurso de ideas para nova vivenda pública e residencias xuvenís en Santiago e A Coruña
A Xunta abre un concurso de ideas para nova vivenda pública e residencias xuvenís en Santiago e A Coruña
A Xunta vai investir 80 millóns de euros en construír en Santiago e na Coruña máis de 400 pisos de promoción pública, dúas residencias xuvenís e 150 aloxamentos compartidos
A Xunta vai investir 80 millóns de euros en construír en Santiago e na Coruña máis de 400 pisos de promoción pública, dúas residencias xuvenís e 150 aloxamentos compartidos. O xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou este martes nun acto en Santiago que se abre un prazo de 60 para un concurso de ideas para estes proxectos.
Ata finais de marzo os estudos de arquitectura poderá presentar as súas propostas para construír 244 pisos de promoción pública en Santiago e 168 na Coruña, 150 aloxamentos compartidos na Coruña e dúas residencias xuvenís, con 150 prazas en cada cidade. Unha iniciativa que aplaude o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, "para atraer estudantes á cidade".
Na Coruña construiranse nos terreos que o Instituto Galego de Vivenda e Solo ten no Campus Universitario de Elviña. No caso de Santiago, na parcela de Salgueiriños, a carón da Xunta, que está sendo usada de aparcadoiro.
Alfonso Rueda explicou que esta obra é posible grazas a unha modificación legal que entrou en vigor o día un sobre o uso dos solos destinados a servizos públicos. O presidente da Xunta apuntou tamén que co concurso de ideas buscan "edificacións de calidade, ben deseñadas e ben planificadas".