Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xornada do Masters 1000 de Madrid, suspendida definitivamente polo apagamento

A xornada do Masters 1000 de Madrid, suspendida definitivamente polo apagamento

Inicialmente, a falta de luz alterou os partidos da primeira quenda como o duelo entre o búlgaro Grigor Dimitrov e o británico Jacob Fearnley na pista central

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 28/04/2025 17:03 Última actualización 28/04/2025 17:08

O apagamento eléctrico que afecta a España peninsular e a Portugal, que inicialmente propiciou a interrupción dos partidos da xornada deste luns do Mutua Madrid Open, terminou por cancelar definitivamente a sesión, tanto de mañá como de tarde de tenis, segundo fixo oficial a organización do torneo.

"Por motivos alleos á organización e para garantir a seguridade, o apagamento xeral que afectou a España este luns 28 de abril, obriga a suspender tanto a sesión de día como de noite no Mutua Madrid Open", anunciou a organización do Masters 1000 Madrid en redes sociais.

Inicialmente, a falta de luz alterou os partidos da primeira quenda como o duelo entre o búlgaro Grigor Dimitrov e o británico Jacob Fearnley na pista central e o do bosníaco Damir Dzumhur co italiano Matteo Arnaldi, da pista Arantxa Sánchez Vicario, da primeira quenda da sesión, tiveron que deterse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade