Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xeada cubriu boa parte da provincia de Ourense

A xeada cubriu boa parte da provincia de Ourense

En Xinzo de Limia estiveron a case catro graos baixo cero

A néboa intensificou a sensación de fríaxe

G24.gal 16/12/2021 13:12

Os camións de conservación viaria tiveron que botar sal e salmoira en boa parte das estradas ourensás para paliar os efectos das intensas xeadas coas que amenceu a meirande parte da provincia, especialmente a comarca da Limia. Xinzo, con 3,9 graos baixo cero, rexistrou a temperatura máis baixa de Galicia durante a noite. Os veciños levan días convivindo co frío.

Tamén en Verín ou na contorna da cidade de Ourense a xeada fixo acto de presenza. A auga de charcas e pozas dos ríos estaba conxelada e o termómetro apenas subiu dos cero graos durante a mañá en lugares como Calvos de Randín.

Os veciños esperan que a xeada dea paso canto antes ás choivas, moi necesarias neste tempo especialmente para os agricultores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade