Publicador de contidos
Publicador de contidos

A viguesa Ester Navarrete consegue o bronce por equipos no medio maratón

A viguesa Ester Navarrete consegue o bronce por equipos no medio maratón

A atleta galega acabou a proba no 13º posto cun tempo de 1:11:08

As tres españolas só puideron ser melloradas polos equipos de Gran Bretaña e Alemaña

G24.gal 09/06/2024 10:49

Ester Navarrete conseguiu o bronce por equipos no medio maratón do Europeo de Roma. A atleta viguesa rematou na 13ª posición cun tempo de 1:11:08. Gañou a proba a norueguesa Grovdal (1.08.09) por diante da romanesa Melly e da británica Thachery. 

As tres españolas que puntuaron estiveron no Top14 da proba. Laura Luengo foi a duodécima, un posto por diante de Navarrete que chegou xusto antes que Fátima Ouhaddou. Esa regularidade permitiulle ao equipo estatal ser o terceiro mellor, só superado por Gran Bretaña e Alemaña. 

Navarrete completa con éxito este Europeo demostrando o bo momento de forma para os Xogos Olímpicos nos que participará na proba de maratón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar