Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vida rural perdura no centro de cidades como Santiago

A vida rural perdura no centro de cidades como Santiago

Vivir nunha cidade coas vantaxes do rural é a aposta dos propietarios das casas antigas que resisten o crecemento urbanístico dos barrios

En Santiago, a poucos metros do Hospital Clínico, atopamos vivendas con horto, galiñeiro e corte para as ovellas

G24.gal 08/10/2025 14:54

"Estas casas son da miña familia, todas, meus pais, meus tíos... Eu nacín aquí", di Juan Carlos".

"Estes eran terreos que se expropiaron para facer estes edificios. Na casa? Mentres poida, vivo". "Eu que sei! Crieime aquí", conta Manolo.

A poucos metros do Hospital Xeral de Santiago e nun dos barrios máis cotizados da cidade, Manolo coida das súas seis galiñas de Mos, planta as patacas e atende dun pequeno horto como facían seus pais. 

Moi preto, noutra casa que resiste o crecemento urbanístico do barrio, vive Sara boa parte do ano. De momento, nin as ofertas económicas máis atractivas a animaron a vender...

"Ten bastante aceptación esta casa, ten, pero non a vendo de momento", di Sara.

Inmobiliarias e promotoras demandan estas vivendas, pero ás veces o trato é complicado de pechar.

"Tendo en conta o contexto que temos bastante construción, si que hai promotores que teñen certo interese nestas casas, porque están en zonas moi consolidadas e teñen o potencial de poder urbanizar de forma vertical".

"Hai xente que leva vivindo na súa casa, e, por moitos cartos que lles poñas na mesa, non venden", conta Álvaro, da inmobilidaria SV.

E é que hai moita vida que non cabe no piso máis luxoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade