A vicepresidenta Montero acusa o PP de enlamar para non recoñecer os logros do Goberno
Os populares din que Sánchez e o seu equipo son unha mafia
No Senado, María Jesús Montero acusou o PP de enlamar o taboleiro político para non recoñecer os logros do Executivo. Os populares din que máis que un Goberno é unha mafia.
"Isto non é un Goberno, é a 'Rosa Nostra'. O seu Goberno é unha entulleira de todas as corrupcións, non lles falta un delito. Ninguén lles pode dar leccións de corrupción, teñen máis cátedra que Begoña Gómez", di Alicia García, senadora do PP.
"Intentan divulgar mentiras, infundios e falsidades para crear unha realidade paralela. Non queren falar de emprego nin de crecemento económico, nin de dereitos sociais nin de vivenda. Queren lama, lama e máis lama", respóndelle María Jesús Montero, vicepresidenta primeira do Goberno.