Cargando resultados...
A versión máis feble do Leyma perde na pista do pechacancelas
Derrota por 91-88 estragando boas opcións de culminar a remontada no último minuto
G24.gal
20/02/2022 21:17
Na Liga LEB, o Leyma Coruña perdeu na pista do pechacancelas, un Palma que só gañou tres partidos en toda a Liga. Os coruñeses comezaron mandando no marcador, pero tras o descanso viñéronse abaixo, e permitiron un parcial de 35 a 16 no terceiro cuarto que resultaría definitivo.
Malia a todo case remontan no último. Tivérono na man, con 88 a 85, pero non souberon xogar ese ataque, acabou por perder Monaghan e o mate de Kostadinov pechou o partido. Ao final, 91 a 88.