Cargando resultados...
A vendima deste ano foi a máis abondosa da década
Recolléronse 73,6 millóns de quilos de uva, un 22 % máis ca o ano pasado

G24.gal
04/11/2021 15:16
A vendima deste ano foi a máis abondosa da última década. Segundo os datos definitivos que deu a coñecer a Xunta hoxe, esta tempada recolléronse 73,6 millóns de quilos de uva, un 22 % máis ca o ano pasado.
A colleita aumentou en todas as denominacións de orixe, aínda que a de maior cantidade foi na Denominación de Orixe Rías Baixas, que concentra o 60 % de toda a uva recollida, e que rexistrou a mellor vendima da súa historia.