A veciñanza da rúa do Xílgaro, en Vigo, protesta contra a venda de drogas nunha casa ocupada ilegalmente
A veciñanza da rúa do Xílgaro, en Vigo, protesta contra a venda de drogas nunha casa ocupada ilegalmente
O inmoble está no barrio do Calvario
A veciñanza da rúa do Xílgaro, no barrio vigués do Calvario, protesta contra a venda de drogas nunha casa ocupada ilegalmente. Denuncian a inseguridade que veñen padecendo no barrio debido a esta actividade ilícita, e reclaman máis vixilancia policial. Aseguran que arredor de 200 drogodependentes se achegan a diario ata a vivenda ocupada para mercar droga. O inmoble non ten auga corrente, polo que, segundo denuncian, é un foco de insalubridade. Varios veciños decidiron marchar das súas vivendas ante unha situación que consideran insostible
"Un deles, por pedirlles que fixersen menos ruído -porque estaban berrando coma tolos- chegou ata a miña fiestra e sacou unha pistola. O meu fillo, que xa o estaba pasando fatal, a partir de aí empezou a dicir que non quería estar máis nesa casa e tivemos que alugar outra vivenda e marchar de aí", explica unha veciña.