Interceptan a 185 quilómetros por hora nun tramo limitado a 80 na A-55
Esta estrada é un punto negro da rede viaria española
O condutor enfróntase a penas de ata seis meses de cárcere e a retirada do carné por catro anos
Pasaban das dúas e media da madrugada cando un radar móbil da Garda Civil de Trafico detectaba un condutor que ía a 185 quilómetros por hora nun tramo desta A-55 que está limitado a 80. Usuarios desta estrada coinciden na perigosidade da mesma e din que, malia que nunha boa parte dela os radares limitaron a velocidade, hai condutores que arriscan a súa vida e as dos demais.
Dáse a circunstancia de que esta estrada é unha das mais perigosas da rede viaria estatal, con mais de 300 accidentes ao ano. Cinco persoas faleceron e mais de mil duascentas persoas resultaron feridas en accidente nesta A-55 dende 2017.
O condutor, de 58 anos, enfronta agora posibles penas de tres a seis a meses de cárcere e a retirada do carné dun a catro anos. E puido ser máis en caso de que a Garda Civil o parase e dese positivo nas probas de alcol e drogas, cousa que non sucedeu.