Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Universidade de Vigo ofrece de balde compresas e tampóns en máquinas expendedoras

A Universidade de Vigo ofrece de balde compresas e tampóns en máquinas expendedoras

Cada alumna dispón de tres caixas con tres unidades de produtos hixiénicos femininos ao mes

Haberá 25 máquinas nas escolas e facultades dos tres campus da UVigo

G24.gal 31/05/2022 14:18

Xa hai un ano, con motivo do Día da Muller, a Universidade de Vigo apostaba por normalizar a menstruación e reducir a chamada pobreza menstrual. Daquela puxeron a disposición das alumnas produtos de hixiene íntima ata colocar dispensadores nos baños.

Iso xa é unha realidade, e en dúas semanas haberá 25 nas escolas e facultades dos tres campus. Unha iniciativa pioneira en España que está a ter moi boa acollida entre o alumnado.

"Xa dende que a puxeron na Delegación de Alumnos parecíanos a todos moi ben, porque estamos aquí moito tempo, sempre te podes esquecer e é un produto de hixiene que é necesario e, que estea no baño é moito mellor, non dependes de que ninguén che abra a porta na delegación. Para un apuro está moi ben, a verdade", di unha das primeiras usuarias deste innovador sistema. 

As máquinas expenden caixas con tres compresas ou tampóns a elixir polas alumnas só con pasar o código de barras das tarxetas da universidade. Poden obterse un máximo de tres caixas ao mes e totalmente de balde.

Unha iniciativa única en España, que ten en conta tamén as necesidades da comunidade transexual á hora de colocar dispensadores en espazos accesibles para todos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade