Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Universidade da Coruña impartirá Medicina a partir do curso 2027/2028

A Universidade da Coruña impartirá Medicina a partir do curso 2027/2028

Responde, segundo Cao, á "demanda formativa existente", pois a Universidade de Santiago ten 403 prazas cada curso e recibe máis de 3.000 solicitudes

Tamén se atopa con "necesidade de formar profesionais", cun 30 % de xubilacións nos próximos 10 anos e coa aparición de novas especialidades

Universidade da Coruña Universidade da Coruña
G24.gal 28/05/2025 13:31

A Universidade da Coruña impartirá a titulación de Medicina a partir do curso 2027/2028, segundo anunciou este mércores o seu reitor, Ricardo Cao. O Consello de Goberno da Universidade aprobou o primeiro paso para impartir Medicina, que ata o de agora só se imparte en Galicia na Universidade de Santiago, con 403 prazas anuais.

Ricardo Cao detallou en conferencia de prensa que en 2015 asinouse un acordo entre as tres universidades públicas galegas -A Coruña, Santiago e Vigo- para a descentralización formativa desta titulación, pero ata o de agora non se puxo en marcha. Por iso, a entidade que dirixe busca a implantación da titulación de Medicina na Coruña a partir do curso 2027/2028, dentro do seu "compromiso co servizo público e coa excelencia académica".

Únese a outras formacións sanitarias como Enfermería, Fisioterapia, Terapia Ocupacional, Podoloxía, Logopedia e varios máster do ramo. Responde, segundo Cao, á "demanda formativa existente", pois a Universidade de Santiago ten 403 prazas cada curso e recibe máis de 3.000 solicitudes. Tamén se atopa con "necesidade de formar profesionais", cun 30 % de xubilacións nos próximos 10 anos e coa aparición de novas especialidades. Así mesmo, cita a "capacidade académica, investigadora e tecnolóxica da Universidade" xunto coa referencia que supón o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e o feito de contar cun centro de investigación sanitaria mixto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade