Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Unidade de Cabalería da Policía Nacional vixía os montes galegos no verán

A Unidade de Cabalería da Policía Nacional vixía os montes galegos no verán

Céntranse sobre todo na prevención de incendios e na protección dos peregrinos no Camiño de Santiago

A presenza destas unidades estreita o vínculo coa cidadanía, que consideran que fan un labor necesario

G24.gal 23/07/2025 14:08

Unha Unidade de Cabalería da Policía Nacional foi clave detectando dous incendios forestais na zona de Marín. Este labor, sobre todo nos meses de verán, é moi importante e resulta de grande axuda para a prevención de riscos.

Segundo contan os axentes, poden prever incendios, xa sexan provocados intencionada ou fortuitamente, dar aviso con maior rapidez aos servizos de emerxencia e garantir seguridade aos peregrinos do Camiño de Santiago.

O cabalo xoga un papel determinante, pois poden chegar co maior facilidade a lugares imposibles de chegar nun vehículo. Así poden moverse atravesado o monte ou por pistas forestais con maior sixilo.

Para levar a cabo este labor, os axentes tamén teñen que ter un vínculo co animal, coma eles mesmos contan. O cabalo, día a día vai coñecendo xente, mais indican que sempre estará máis calmado coa persoa que o monta sempre.

Non só afecta aos propios axentes. A presenza dos animais tamén estreita o vínculo coa cidadanía, os que aseguran que é un servizo necesario polos incendios e para a xente que vive no monte.

A unidade fórmase por 12 cabalos na comunidade autónoma e 20 axentes despregados en Galicia ata que remate a campaña. A fin será o derradeiro día de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade