Cargando resultados...
A última fronte do verán deixa en Galicia vento forte e chuvia
Na Coruña rexistrouse forte vento que superou os 70 km/h na cidade e que tamén se deixou sentir no mar
G24.gal
20/09/2023 21:40
Última actualización 20/09/2023 22:11
Chuvia, vento e ambiente fresco en Fisterra na tarde deste mércores. A piques de rematar o verán, a poucos colle por sorpresa a chegada da última fronte estival.
Na Coruña rexistrouse forte vento, que superou os 70 km/h na cidade e tamén se deixou sentir no mar. Anúnciase chuvia que irá a máis, mais aquí danlle a benvida. Semella que son menos os nostálxicos do que se vai.
Son días en que se transita entre o traxe de baño, o paraugas e algunha que outra peza de abrigo, sen saber moi ben a que botar man no roupeiro. Pois haberá que ir pensando en ir sacando chuvasqueiros e gabáns porque o solsticio de verán está a chegar á súa fin.