Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia ve "claramente negativo" o acordo de pesca da UE

Galicia ve "claramente negativo" o acordo de pesca da UE

Péchanse os caladoiros do Atlántico Nororiental para a pesca do xurelo, algo que afecta a frota galega

Veda de seis meses para a pesca de anguía

G24.gal 13/12/2022 08:38 Última actualización 13/12/2022 21:04

Postura e valoración do sector

O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e o patrón maior de Burela, Basilio Otero, fixo unha primeira valoración sobre o acordo na Unión Europea para as capturas de pesca no Atlántico e no Mediterráneo para o ano 2023 e recoñeceu que ao sector lle deixa unha “sensación agridoce”.

“Saímos ben en canto ás cotas dalgunhas especies, pero máis preocupados con respecto a outras”, porque condicionarán a actividade dunha parte da frota pesqueira.

Nese sentido, cualificou de xeito positivo o “incremento importante” que se produce “na pescada sur e na xarda”, pero tamén expresou a súa “preocupación polo xurelo”.

“Non se permite a pesca dirixida, só a pesca accidental, cando para o cerco é unha das especies máis importantes”, dixo Otero quen asegura que "o próximo ano será máis difícil para algunhas frotas e algo máis aliviado para outras".

No sector vanse coñecendo diferentes reaccións ao novo acordo pesqueiro. Os armadores de Vigo valoran positivamente o acordo sobre todo no que se refire á frota do Gran Sol xa que supón un aumento nas cotas coma a pescada, o peixe sapo ou o rapante. Porén son conscientes de que a decisión tomada para o xurelo será un golpe para a pesca do cerco e pensan que haberá que ir máis pola xarda xa que subiu a cota nun 20 por cento.

Quintana: "Negociación claramente negativa"

Rosa Quintana, conselleira de Pesca, valorou o acordo no informativo Bos días da Televisión de Galicia como "negociación claramente negativa". Manifestou que ían a Bruxelas con dous temas en carteira: evitar o peche do xurelo do Cantábrico e evitar o peche de extracción da anguía.

Finalmente, no caso do xurelo do Cantábrico, o que se conseguiu, segundo Quintana, foron 3.000 toneladas de pesca accesoria, algo que dificulta a actividade do segmento do cerco. No caso da anguía pasouse a unha veda de seis meses, tres fixos e outro tres que elixirán os estados membro.

En canto as posibilidades de pesca para o 2023, Quintana destacou que se incrementaron nun 20 %. Na parte positiva está o aumento de pesca sobe a da pescada do sur, peixe sapo e rapante. Mantivéronse as capturas para o abadexo e o linguado.

"No caso do xurelo do Cantábrico e de Gran Sol, fronte a esa proposta de peche da pesqueira, estableceuse un TAC de 15.000 toneladas (3.000 para España), o que supón un recorte do 80 % en relación con 2022", sostén.

Ademais, esa cota queda, ao seu entender, "condicionada" á pesca accesoria, "o que pode impedir a súa captura pola frota de cerco, e sen flexibilidades interanuais nas posibilidades de captura nin aumentos nos intercambios entre as zonas norte e sur".

No caso da anguía, que na actualidade contaba cunha veda de tres meses, agora establécense dúas vedas trimestrais, unha obrigatoria entre novembro de 2023 e xaneiro de 2024, e outra a elixir entre os meses de marzo e setembro de 2024. No caso do meixón, tamén contará con dúas vedas trimestrais para velar polo estado do recurso.

O balance global dos TAC e cotas para 2023 supón un aumento das posibilidades de pesca do 25 %, pero baseado fundamentalmente na proposta inicial realizada polos científicos do Consello Internacional para a Exploración do Mar e que foi asumida pola Comisión Europea, indícase desde a Consellería do Mar.

Destaca o incremento da pescada en augas ibéricas -que duplica a cota de 2022- unha vez corrixido o erro que tiñan os científicos no modelo matemático de avaliación do seu estado e que supuxo nos últimos anos recortes nas posibilidades de pesca desta especie.

Entre os incrementos tamén figuran a mellora do 12 % no rape e do 33 % no galo de augas ibéricas así como o aumento do 15 % no xurelo da zona sur, entre Fisterra e o golfo de Cádiz. A maiores, o acordo permitiu manter as cotas de captura do linguado e do abadexo en augas do Cantábrico, para os que inicialmente se propoñía un recorte do 10 %.

O presidente da Xunta di que o Goberno galego non está satisfeito coa repartición de cotas. Alfonso Rueda lamenta que non se valore o esforzo que está facendo a pesca galega para conservar os recursos.

En Galicia, o Consello Galego de Pesca manterá unha xuntanza nas próximas horas para analizar polo miúdo os detalles dun acordo que prexudica especialmente o sector do cerco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade