Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE debate como mellorar a súa competitividade

A UE debate como mellorar a súa competitividade

Os 27 buscan fórmulas para aumentar o investimento privado

Sánchez defende medidas que permitan evitar unha "rivalidade tóxica" entre os membros

Antón Montero 18/04/2024 20:26 Última actualización 18/04/2024 21:06

O último cumio europeo antes das eleccións europeas de xuño remata en Bruxelas cunha chamada ao desafío da falta de investimento no continente, especialmente nos eidos da intelixencia artificial, as novas tecnoloxías ou as renovables.

A UE teme a perda de competencia fronte aos Estados Unidos, A China e outras potencias asiáticas. Pero a idea de crear novos instrumentos de investimento común, como os fondos Next Generation, aínda non está madura na UE.

No cumio, varios países, entre eles España, pediron novos cartos para a intelixencia artificial, a defensa, ou para protexer os fabricantes de paneis solares e muíños de vento fronte á competencia chinesa.

Por agora, os 27 afondarán na integración do mercado interno. Cada ano, 300.000 millóns dos aforros europeos pérdense cara a investimentos no estranxeiro, principalmente nos Estados Unidos.

Os estados membros e a Comisión Europea póñense como deberes frear esa fuga.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, explicou que "España vén defendendo desde hai moito tempo a canalización non só de investimento privado, senón tamén público e todo o que ten que ver con despregar unha política industrial que non xere unha rivalidade tóxica entre os estados membros que nos leve a debilitar o mercado único".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade