Publicador de contidos

Publicador de contidos

A transmisión da varíola do mono polas vías respiratorias é moi limitada

A transmisión da varíola do mono polas vías respiratorias é moi limitada

O xefe de enfermidades infecciosas do CHUS insiste en que a principal vía de contaxio é a sexual

A experta de referencia en España no virus di que se comercializarán PCR a semana vindeira

G24.gal 28/05/2022 18:52 Última actualización 28/05/2022 19:35

Un caso confirmado en Galicia e 98 no total estatal. É o balance provisional sobre a varíola do mono. A Organización Mundial da Saúde sinala que o gromo actual está impulsado pola intensificación da sociabilidade tras a covid-19 con eventos masivos.

Sabemos que se contaxia por vía sexual e desde o Reino Unido alertan de que desenvolveu "unha nova habilidade para transmitirse polo aire". Pero non hai que caer no alarmismo.

"É dicir, por secrecións respiratorias. Pero para que haxa una infección por vías respiratorias debe haber un contacto cara a cara prolongado. Non significa que non exista esta posibilidade, pero é moito máis difícil ca co SARS 2-Cov2. Polo tanto non imos ter unha explosión de casos tan importante como tivemos coa covid-19", explica Antonio Antela, xefe de enfermidades infecciosas do CHUS.

Unha incógnita clave radica no alcance que terá o virus. Hai bastante unanimidade en que non estamos ante unha posibilidade de pandemia, senón ante un gromo controlable nun prazo de tempo moderado. E a partir da semana vindeira haberá novidades moi importantes para detectar os casos:

"Creo que isto se controlará co illamento dos casos positivos e co control de contactos. O que non sei é canto vai estenderse o gromo e canto imos tardar en neutralizalo. Estanse desenvolvendo moitos métodos comerciais e a semana vindeira van empezar a saír xa PCR comerciais", anuncia Maripaz Sánchez Seco, responsable do laboratorio Arbovirus no Centro Nacional de Microbioloxía.

Esta viróloga dirixe o equipo que secuenciou a bacteria causante da varíola do mono e alerta sobre a posible transmisión ás mascotas, debido a que se trata dunha zoonose.

Sobre as vacinas, sostén que o seu uso non é urxente, pero que sería desexable contar con elas por se non se pode controlar a situación no marco do previsible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade