Publicador de contidos

Publicador de contidos

A tradición da rosca de Reis vai dende aquela festa romana ata o roscón sen glute de hoxe

A tradición da rosca de Reis vai dende aquela festa romana ata o roscón sen glute de hoxe

Dun obradoiro compostelán saíron máis de 5.000 roscas para celíacos

Agora quen atopa a faba no interior ten que pagar o roscón, pero antes dar con ela era algo positivo

G24.gal 03/01/2022 21:17

De entre todos os doces que imaxina o ceo da boca hai estes días un claro protagonista.

"Temos o roscón tradicional, o baleiro, e logo o de nata e o de trufa. E son sen lactosa e sen glute", resume o artesán Miguel Rey.

Máis de 5.000 roscóns de reis artesáns saíron conxelados do seu obradoiro compostelán cara a distintos puntos da península. E si, todos coa particularidade de non levaren glute.

"Ten un produto especial, que é a fariña, que se fai con amidón de millo para os celíacos. E logo por dentro leva o mesmo: auga, manteiga, auga de azar, aroma de limón, aroma de laranxa, ovo e azucre".

Se o non incluír glute emparenta estes roscóns cos tempos actuais, a simboloxía conéctaos coa tradición: esa forma circular que inspira a forma dunha coroa traída polos Reis Magos, esa froita que simboliza as xoias. E inclúen por fóra unha coroa máis explícita e por dentro unha faba e unha figura.

"Ao que lle toca o rei cando está comendo é o que leva a coroa que do roscón, e o que atopa a faba é o que ten que pagalo".

Pero non sempre foi a faba algo negativo. Detrás dos doces que vemos estes días en calquera escaparate está a mesma orixe remota, do tempo dos romanos.

Celebraban unha festa na honra ao deus Saturno, para lle agradecer os días de sol que empezan tras o solsticio de inverno. Repartíase entre amos e escravos unha torta coa faba dentro. O que daba con ela era nomeado Rei de Reis. Ser escravo e que por atopar a faba che concedan un día libre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade