Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Toxa, o segundo lugar máis caro de España para alugar no verán

A Toxa, o segundo lugar máis caro de España para alugar no verán

O primeiro posto é para Porto Banús, en Marbella

O lugar máis barato é O Vicedo

G24.gal 01/06/2023 20:59 Última actualización 01/06/2023 21:36

Só hai un lugar en España máis caro para alugar no verán que a Illa da Toxa, no concello do Grove. Ese destino que ocupa o primeiro posto é Porto Banús, no concello malagueño de Marbella. Por unha semana hai que pagar 3.000 euros.

Na Toxa non quedan atrás. Polo mesmo tempo, sete días mirando ao mar, son 2.900, é un 60 % máis que antes da pandemia. Non só é O Grove; Sanxenxo tamén  está entre os lugares máis caros de España para ir de vacacións. Alí, os alugueiros dunha semana superan os dous mil euros.

Pero a nosa comunidade autónoma, ademais de estar entre as máis caras para veranear, tamén ten a localidade máis barata de toda España. É O Vicedo. Alí, pasar unha semana no verán en primeira liña de praia anda polos 350 euros. O segundo lugar onde é máis económico alugar é na veciña Burela.

Estes sos datos dunha empresa dedicada á taxación, que, por volume de negocio, é a segunda de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade