Publicador de contidos

Publicador de contidos

A terceira PCR realizada á muller de 32 anos en seguimento en Alacante deu negativo

A terceira PCR realizada á muller de 32 anos en seguimento en Alacante deu negativo

Está asintomática e ingresada no Hospital de Sant Joan nun cuarto con presión negativa, o que garante o seu illamento

Generalitat Valenciana Generalitat Valenciana
G24.gal 12/05/2026 20:36

A terceira proba PCR por hantavirus realizada á muller en seguimento en Alacante deu resultado negativo, polo que permanecerá ingresada no mesmo hospital alacantino, segundo decisión do Ministerio de Sanidade.

A muller, que continúa asintomática, pasa a considerarse como contacto e realizaráselle un nova proba aos sete días desde a data do ingreso, tal e como establece o novo protocolo aprobado este martes polo Ministerio, que dirixe Mónica García.

O pasado venres e despois de recibir unha alerta a través do Sistema Europeo de Alertas, e en coordinación co Ministerio de Sanidade, desde a Dirección Xeral de Saúde Pública da Conselleria de Sanidade contactouse coa muller de 32 anos, informou a Generalitat nun comunicado.

Garantiuse a seguridade e vixilancia epidemiolóxica da proboación e dos profesionais, di a Generalitat

A Conselleria de Sanidade activou, desde o primeiro momento, os recursos necesarios para garantir a seguridade e vixilancia epidemiolóxica tanto da poboación, como dos profesionais sanitarios.

A muller foi evacuada a tarde do venres desde o seu domicilio ao Hospital de Sant Joan de Alacante nunha ambulancia cos dispositivos de seguridade establecidos para estes casos.

Unha vez no centro hospitalario, a muller foi trasladada a un cuarto con presión negativa garantindo o seu illamento nunha cápsula tamén de presión negativa e conducida por un circuíto seguro e separado do resto de pacientes e profesionais, salvagardando así a seguridade en todo momento.

Ata o momento son tres as probas PCR realizadas e todas foron negativas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade