Publicador de contidos
Publicador de contidos

A temperatura media en Galicia subiu 1,3 graos con respecto á era preindustrial

A temperatura media en Galicia subiu 1,3 graos con respecto á era preindustrial

O Informe do Estado do Clima en Europa, elaborado polo Servizo de Cambio Climático Copernicus, revela que a mortalidade relacionada coa calor en Europa aumentou un 30 % nos últimos 20 anos

G24.gal 05/05/2024 14:58

Segundo os datos do Informe Europeo do Clima, a temperatura media en Galicia subiu 1,3 graos con respecto aos niveis da era preindustrial. Esa suba está moi próxima ao incremento medio da temperatura mundial, que no 2023 subiu case 1,5 graos.

“O informe indícanos, sobre todo, que cada vez vivimos nunha sociedade que ten máis risco asociado ao clima. Estamos máis expostos a que haxa inundacións máis frecuentes. O ano pasado choveu un 21 % máis, pero fíxoo de xeito máis concentrado nuns días concretos, o que implicou inundacións máis recorrentes, e do mesmo xeito estamos expostos a vagas de calor máis importantes”, explica María Loureiro, catedrática de Análise Económica e directora científica do centro ECOBAS

O informe revela que a mortalidade en Europa relacionada co cambio climático aumentou un 30 % nos últimos 20 anos.

"En Galicia houbo o ano pasado arredor de 1900 falecementos atribuídos ao clima, segundo os datos do Instituto Carlos III de Madrid, o que indica que o cambio climático afecta a saúde humana de xeito moi importante", explica María Loureiro.

O informe tamén revela avances na transición enerxética, cun récord na produción de enerxías renovables. Supuxeron o 43 % de toda a enerxía producida en Europa, fronte ao 36 % do ano anterior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade