A subcultura dos 'therians', en auxe mundial
Os seus seguidores identifícanse e compórtanse como exemplares dunha especie animal
Se nunhas imaxes dun reel ven un can correndo e chimpando pola praia, dende o punto de vista do seu protagonista efectivamente están no certo. O suxeito que actúe saltando e lambendo as patas identifícase a si mesmo como outro animal, igual que ocorre con outro que se presente como unha serpe que pode aparecer reptando pola rúa.
Todos son therians, seguidores dunha subcultura cuxas orixes se remontan ás últimas décadas do século pasado, pero que nas últimas semanas foi gañando relevancia nas redes sociais ata converterse nun trending topic de escala mundial. E, como os espécimes aos que se senten ligados, emiten os seus sons, polo que poden miañar ou ladrar.
Moda ou non, o certo é que o movemento therian permite que os seus seguidores socialicen entre si, o que non quita que tamén o poidan facer cos humanos que se seguen a identificar como exemplares da nosa propia especie.