Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez: "A voz da democracia non vai ser dobregada polos tecnooligarcas do algoritmo"

Sánchez: "A voz da democracia non vai ser dobregada polos tecnooligarcas do algoritmo"

O presidente español responde ás críticas do dono de X e do fundador de Telegram

O Goberno mantén o seu plan de prohibir as redes sociais a menores de 16 anos

G24.gal 05/02/2026 14:55

Primeiro foi Elon Musk o que lle chamou fascista a Pedro Sánchez e nas últimas horas sumóuselle o fundador de Telegram, que enviou unha mensaxe masiva acusando o presidente español de censor. Para o presidente español, Pável Durov "meteuse nos móbiles de millóns de cidadáns para dicirlles mentiras".

O Goberno segue adiante coa súa proposta de prohibir as redes sociais a menores de 16 anos. "Non nos van crebar porque a voz da razón, da maioría social e da democracia non vai ser dobregada por eses tecnooligarcas do algoritmo", asegurou este xoves o xefe do executivo, Pedro Sánchez.

O socio da coalición tamén pasa ao ataque. Segundo Ernest Urtasun, ministro de Cultura "á democracia española non lle vai tremer o pulso fronte as ameazas deste tipo de tecnooligarcas".

Sumar propón endurecer as normas para as plataformas dixitais e, se non as cumpren, avoga por prohibilas por completo, para toda a poboación. Para Sira Rego, ministra de Xuventude e Infancia,  "se non se dan eses requisitos, esa plataforma, aplicación ou rede social non debería poder seguir operando".

A ministra anima a parte socialista do Goberno a pechar as súas contas oficiais na rede de Elon Musk, como fixo ela e outros ministros de Sumar. Pero polo momento, os seus colegas de gabinete non contemplan abandonar X.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade