A suba dos tipos encarece as hipotecas variables
Cada consumidor pagará de media uns 1.000 euros máis ao ano
Hai quen xa aposta por cambiar a hipotecas de tipo fixo
A suba dos tipos repercute directamente nas hipotecas. O euríbor, o indicador que marca os intereses dos préstamos variables, leva subindo dende o mes de marzo.
Os consumidores notarano na cota que pagan cada mes nos casos de hipotecas de tipo variable, que son o 75 % das contratadas en España. Estímase que esta suba suporá de media uns mil euros máis ao ano. En realidade, xa se veñen notando nos últimos meses, por iso moitos tratan de cambiar ás hipotecas de tipo fixo, que non dependen dos cambios do euríbor.
A cambio, volverán ao mercado produtos coma os depósitos a prazo remunerados, que pacticamente desapareceran da oferta dos bancos.