Cargando resultados...
A suba desorbitada da inflación abre o debate sobre o tope de prezos
Consumidores, distribuidoras, produtores e pequeno comercio debaten sobre a medida
G24.gal
19/09/2022 19:27
Última actualización 19/09/2022 19:57
O prezo dos alimentos creceu case un catro por cento no último ano.
Unha cifra desorbitada que sitúa a inflación no 10,5 por cento, a máis alta das últimas tres décadas.
Neste contexto saltou á actualidade a proposta de crear unha cesta básica de alimentos cun tope de prezos.
A medida, que se utilizou en países como A Arxentina ou Francia para aliviar a inflación, atinxe moitos sectores, que poñen sobre a mesa as súas vantaxes e inconvenientes.