Publicador de contidos

Publicador de contidos

A situación nas urxencias empeza a acougar despois do pico das doenzas respiratorias

A situación nas urxencias empeza a acougar despois do pico das doenzas respiratorias

Desde que comezou o ano atendéronse 53.575 pacientes, un 13 % máis ca o ano pasado

As urxencias atenderon unha media de 2.500 pacientes diarios

G24.gal 24/01/2023 13:52

As urxencias experimentan un certo alivio despois de semanas en que este servizo atendeu unha media de 2.500 pacientes diarios

A gripe e a bronquite son as principais doenzas que provocaron o colapso nas urxencias, tamén a covid pero menos. Desde o un de xaneiro ata agora atendéronse 53.575 pacientes, un trece por cento máis que o ano pasado.  

A presión asistencial foi maior no servizo de urxencias pediátricas cun cincuenta por cento máis de cativos que no mes de xaneiro do 2022. 

O Sergas activou o plan de continxencia en todas as áreas sanitarias para facer fronte ao colapso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar