Publicador de contidos

Publicador de contidos

A situación do mar obriga a frota de baixura a permanecer amarrada

A situación do mar obriga a frota de baixura a permanecer amarrada

As tripulacións das provincias de Coruña e Pontevedra confían en que mañá se poida saír ao mar

En Ribeira, en Muros e Fisterra os barcos están amarrados no porto

G24.gal 13/01/2026 14:35

Só os barcos que traballan nos bancos marisqueiros pegados á terra saíron hoxe en Ribeira. O resto da frota permanece amarrado a porto debido ás malas condicións do mar. Semellante situación en Muros, onde toda a frota de baixura está parada e só traballan as sete embarcacións pequenas dedicadas á navalla.

O vento tamén obrigou a parar os arredor de 80 barcos da confraría de Fisterra que agardan a mañá para saír pescar. E na illa de Arousa viven unha xornada sen actividade ningunha. As embarcacións de marisqueo xa están en paro biolóxico e o mal tempo impediulle saír ao resto pola situación mala.

O xoves na Costa da Morte volverán estar en aviso laranxa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade