Publicador de contidos

Publicador de contidos

A situación do mercado da vivenda nas Baleares obriga a buscar novas alternativas

A situación do mercado da vivenda nas Baleares obriga a buscar novas alternativas

Hai cidades en que as autocaravanas se están a converter nunha opción para aquelas persoas que, aínda tendo traballo, non poden facer fronte a un alugueiro

G24.gal 02/02/2023 14:29

Neste aparcadoiro de Palma de Mallorca non hai nin unha nin dúas... son máis dunha vintena de autocaravanas que levan anos aquí aparcadas dando teito e un refuxio a aqueles que, aínda tendo traballo, non poden facer fronte ao pago dun alugueiro "é a unica opción para vivir só, porque pagas 400 euros por un cuarto. Se gaño mil.. e come", comenta un usuario.

Este é un fenómeno cada vez máis frecuente en Palma de Mallorca, onde o metro cadrado subiu un 50 por cento en apenas dez anos. "Cando cheguei a Mallorca era posible mercar algunha casa, pero hoxe non".

E por iso optaron por vivir nunha caravana. "Estou máis contento que nun cuarto piso sen escaleiras". "Creo que levan catro ou cinco anos".

Aínda que tamén recoñecen que "se puidese mercar unha casa, pero cada día está máis inalcanzable".

Din que a vida sobre catro rodas é por agora a súa mellor opción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade