Publicador de contidos

Publicador de contidos

A semana laboral de catro días xa se aplica en empresas galegas

A semana laboral de catro días xa se aplica en empresas galegas

A CEG pide que sexa voluntaria, negociada e adaptada a cada sector

Os sindicatos queren chegar á semana de 35 horas laborables

G24.gal 08/09/2023 14:21

Escaseza de man de obra en numerosos sectores, conciliación vida familiar e laboral ou aparición de novas tecnoloxías levan a que cada vez máis empresas opten por reducir a xornada laboral a só catro días semanais. Unha medida que require planificación previa para non perder produtividade.

Na hostalería levan tempo reducindo horarios de apertura. Os empregados cobran menos pero traballan mellor. É o caso dun restaurante de Foz que suprimiu as ceas en agosto.

Os empresarios piden que a redución sexa voluntaria e lembran que non é un modelo válido para todas as empresas. Os sindicatos piden afondar máis e chegar á semana de 35 horas sen mingua salarial. No que coinciden é na necesidade de negociar.

A medida busca tamén paliar o absentismo laboral, que en España é do 6,8 % dos máis altos de Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade