A selección xoga o último amigable antes do Mundial sen Yamal e Williams
Enfróntase ao Perú perfilando o equipo que debutará o vindeiro luns diante de Cabo Verde
O seleccionador español, Luis de la Fuente, asegurou que Lamine Yamal e Nico Williams estarán "dispoñibles" para xogar no primeiro partido do seu equipo no Mundial de 2026 contra Cabo Verde aínda que considerou "complicado" que vaian estar no once inicial.
"Nico, Lamine e Víctor (Muñoz) están cumprindo os prazos de recuperación", indicou De la Fuente na rolda de prensa desde Puebla (México) onde o seu equipo xogará este luns o seu último amigable previo ao Mundial.
A selección española xogará contra O Perú (4 da madrugada) o derradeiro partido de preparación no que o adestrador perfilará o equipo que saia na estrea da Copa do Mundo dentro dunha semana.
Sen Yamal e Williams, que quedaron nos Estados Unidos, o resto de efectivos están a disposición do adestrador buscando un oco nun once que De la Fuente asegurou "ter bastante claro".
Será a primeira vez que España vaia a territorio mexicano a onde terá que regresar o 26 de xuño para disputar diante do Uruguai o último encontro da fase de grupos.