A selección española chega aos Estados Unidos para disputar o Mundial
O combinado de De la Fuente quedará concentrado en Chattanooga durante a fase de grupos
A selección española xa está nos Estados Unidos, onde vai disputar o Mundial que comeza dentro duns días.
A expedición encabezada polo presidente da RFEF, Rafael Louzán, viaxou desde Lavacolla, despois do empate ante Iraq (1-1) no estadio Riazor, con destino Nashville (Estados Unidos), para desprazarse posteriormente a Chattanooga, onde quedará concentrada durante a fase de grupos do Mundial 2026.
A selección fotografouse a pé de pista co Airbus A350-Next que a aeroliña Iberia personalizou con motivo do Mundial dos Estados Unidos, México e O Canadá que comeza o 11 de xuño. Co logo “Despega un equipo. Voa un país” ben visible, a compañía quixo mostrar o seu apoio á vixente campioa de Europa.
O voo transcorreu sen incidencias, e tomou terra en Nashville segundo o previsto. Logo da recepción oficial, os futbolistas foron recibidos por moitos afeccionados. Entre eles, Borja Iglesias. O santiagués do Celta é o único galego que forma parte da expedición.