Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chuvia de goles da selección española en Xeorxia (1-7)

Chuvia de goles da selección española en Xeorxia (1-7)

Morata marcou tres goles e Lamine Yamal tamén fixo un tanto na súa estrea internacional con só 16 anos

É a segunda maior goleada da selección española xogando como visitante

G24.gal 08/09/2023 19:41 Última actualización 08/09/2023 20:00

Precisaba gañar España despois dun mal comezo de clasificación para a Eurocopa de 2024 e vaia se o fixo. Impúxose por 1-7 a Xeorxia, unha goleada de escándalo e a segunda maior na historia da selección xogando como visitante (a maior foi o 0-8 a Liechtenstein en 2017). 

A primeira media hora do equipo español foi espectacular. Xerou moitas ocasións, marcou dous goles e mereceu facer algún máis. Antes do descanso Olmo e Morata, co segundo na súa conta, deixaban o partido sentenciado. A única mala nova foron os trocos obrigados polas lesións do propio Olmo e de Asensio e que lle permitiu debutar a Lamine Yamal con só 16 anos. 

Na segunda parte recortou diferenzas Xeorxia, pero foi un espellismo. O nivel de España era moi superior e os goles foron caendo co paso dos minutos. Morata, Williams e Yamal redondearon o resultado diante dun equipo que apuntaba alto con xogadores como Mamardashvili o Kvaratshkelia, pero que foi ridiculizado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade