Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección española, liderada pola galega Tere Abelleira, métese na final do Mundial

A selección española, liderada pola galega Tere Abelleira, métese na final do Mundial

Derrotou a Suecia por 2-1 con goles de Olga Carmona e de Salma

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 15/08/2023 11:58 Última actualización 15/08/2023 12:13

Perseveranza, ousadía e habilidade definen a actuación dunha España que escribiu este martes un capítulo máis da historia do fútbol. Novamente cun gol de Salma Paralluelo e outro tanto de Olga Carmona, as españolas impuxéronse a Suecia e disputarán por primeira vez unha final dun Mundial feminino.

Nun parello e tenso compromiso que se gardou o mellor para o final, os tres goles -dous para España e un para Suecia- saíron no últimos dez minutos do encontro. O resultado supón un dobre triunfo para as españolas: ademais do inédito pasaporte á final, bateron por primeira vez ao conxunto nórdico. A final disputarase o vindeiro domingo en Sidney, ante a gañadora da outra semifinal, mañá, entre Inglaterra e Australia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade