Publicador de contidos
Publicador de contidos

A selección española feminina, premio Laureus ao mellor equipo de 2023

A selección española feminina, premio Laureus ao mellor equipo de 2023

O equipo español impúxose na votación dos membros da Academia ao Manchester City, a selección masculina de rugby de Suráfrica, á escudería Red Bull, ao equipo europeo da Copa Ryder e á selección de Alemaña de baloncesto

Aitana Bonmatí conseguiu o premio á mellor deportista feminina

G24.gal 22/04/2024 21:23

A selección española feminina de fútbol, campioa do mundo, gañou este luns o Premio Laureus ao mellor equipo do ano 2023. O equipo español impúxose na votación dos membros da Academia ao Manchester City, á selección masculina de rugby de Suráfrica, á escudería Red Bull, ao equipo europeo da Copa Ryder e á selección de Alemaña de baloncesto. 

O premio ao equipo uniuse ao de Aitana Bonmatí como mellor deportista feminina do ano pasado. Bonmatí xa tiña o Balón de Ouro e foi elixida a mellor xogadora do Mundial de Australia e Nova Zelandia. 

O Laureus á selección, entregado por Martina Navratilova e Alessandro del Piero, foi recollido pola propia Bonmatí e polas súas compañeiras Salma Paralluelo e Ivana Andrés, que tomou a palabra para recordar estas pioneiras do fútbol español. 

Nas últimas edicións deste prestixioso premio o galardón recaera nas seleccións de fútbol de Arxentina e de Italia e no Bayern de Múnic. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade