Publicador de contidos

Publicador de contidos

A selección española adéstrase en Las Rozas pendente do estado de Lamine Yamal

A selección española adéstrase en Las Rozas pendente do estado de Lamine Yamal

O xogador será sometido a probas para determinar se ten que abandonar a concentración

G24.gal 09/10/2023 19:23

A selección española concentrouse sen Lamine Yamal na Cidade do Fútbol das Rozas. O extremo do Barcelona está pendente das probas a que se someteu e que amosaron unha lesión no psoas ilíaco da perna esquerda. Os doutores da selección queren revisar o seu estado antes de tomar unha determinación. 

Luis de la Fuente coñeceu desde o primeiro momento as molestias de Lamine Yamal e, por mor diso, decidiu chamar a dous xogadores novos. Bryan Zaragoza e Ansu Fati cubrirán a baixa segura de Yeremy Pino e a probable do xogador do Barcelona. 

Este luns o equipo español realizou o primeiro adestramento con vistas aos decisivos partidos ante Escocia e Noruega. Sancet e Zaragoza son as novas facianas dunha absoluta a que volven Fati, Navas, Fran García e Oyarzabal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade