A seca e a calor danan a colleita de hortalizas, legumes e crucíferas
Perdas de ata o 70 % nas primeiras quendas de leituga e tomate
Atrásase a sementeira dos cultivos de inverno pola falta de auga
As primeiras quendas de leituga e tomate rexistraron perdas de ata o 70 % da colleita nas zonas de Galicia máis afectadas pola seca. E outro tanto pasou cos feixóns, que, ao reducirse tanto a oferta, chegou a pagarse a 4,50 euros o quilo nos supermercados. A falta de chuvia é o principal problema pero, sobre todo, os golpes de calor que alteran o ciclo dos cultivos.
A calor abafante non chegou á Mariña e as perdas non foron tan elevadas como noutras zonas. Con todo, aquí só se pode seguir producindo grazas a que os leitos e mananciais aínda permiten realizar pequenas regas diarias. Nos invernadoiros as perdas son grandes malia as medidas de protección.
En Mougán, no concello de Guntín, ven imposible ter unha colleita de pementos coma a de anos correntes.