Publicador de contidos

Publicador de contidos

A seca afecta a concellos do centro e o sur da provincia de Lugo

A seca afecta a concellos do centro e o sur da provincia de Lugo

En Taboada e Monterroso ditaron bandos para apelar a un uso responsable da auga

Está prohibido encher as piscinas ou regar coa subministración da rede municipal 

G24.gal 21/08/2022 14:50 Última actualización 21/08/2022 14:57

O caudal tan baixo do río dificulta captar a auga en Monterroso. É unha das consecuencias da seca que afecta ao centro e o sur da provincia de Lugo.

De momento non houbo que restrinxir a subministración, pero de prolongarse a falta de chuvias tomaranse novas medidas. 

Un bando municipal apela a facer un uso racional da auga en Monterroso. Tamén en Taboada o alcalde require un uso responsable.

A seca afecta tamén ao centro da provincia de Lugo. En Xermade chegaron a secar algúns pozos.

Un problema que pode agravarse co paso do tempo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade