Publicador de contidos

Publicador de contidos

A revolución que vivirá o Celta do centenario

A revolución que vivirá o Celta do centenario

Na parte deportiva marcha o capitán Hugo Mallo e na parte económica Antonio Chaves, dous referentes na última década

G24.gal 07/06/2023 21:02

O Celta do centenario vai ser radicalmente distinto ao que rematou esta temporada. O primeiro adeus confirmado foi o de Antonio Chaves. A man dereita de Mouriño despediuse despois de 15 anos.

A súa substituta vai ser, en principio, Marián Mouriño, e ten moito que decidir: por exemplo, o nome do adestrador. Carlos Carvalhal está máis fóra que dentro. Hai dúbidas tamén arredor da continuidade de Luis Campos. A súa xestión non acabou de convencer.

O que non vai seguir é o capitán. Hugo Mallo non renovará, pero para el non houbo vídeo do club. Foi Iago o encargado de comunicarllo á afección o domingo no medio da festa.

Nin director deportivo, nin adestrador, nin capitán, nin o canteirán destinado a suceder a Iago. Das poucas certezas que lle quedan ao Celta é que o centenario xa ten himno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade