Cargando resultados...
A resistencia do libro físico pon en valor as librarías como espazo cultural
A resistencia do libro físico pon en valor as librarías como espazo cultural
Os hábitos de lectura medraron durante a pandemia
As vendas aumentaron en España nun 13 %
G24.gal
11/11/2021 21:36
Os hábitos de lectura medraron durante a pandemia e revitalizaron o sector libreiro. No que vai de 2021, e seguindo a tendencia do ano pasado, as vendas aumentaron en España un 13 %. Iso tamén se deixou notar este 11 de novembro.
Recuperouse o público lector e mesmo houbo novas incorporacións. E as librarías recobraron o seu papel como espazos culturais dentro do comercio de proximidade. O punto de encontro do libro coa súa lectura.
A partir de agora cada 11 de novembro pasará a ser o día das librarías. Xornada con todas as novidades editoriais a prezos reducidos.