A rehabilitación e restauración da catedral de Santiago, Premio Patrimonio 2021
O premio concédeo desde hai 14 anos o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
É un recoñecemento a 13 anos de traballo minucioso e laborioso no impostante e complexo proxecto de restauración da catedral de Santiago de Compostela
15 cidades Patrimonio da Humanidade de España tivérono claro. O traballo de restauración e rehabilitación da catedral de Santiago, por unanimidade, Premio Patrimonio 2021. O alcalde de Mérida e presidente do Grupo Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España viaxou a Santiago para entregar o premio e destacou que "o galardón recoñece o importante traballo de restauración e rehabilitación do conxunto histórico-monumental da catedral de Santiago".
Foron 13 anos de obras, de dedicación absoluta e de moito traballo que hoxe se ve recoñecido e recompensado non só por recibir este premio senón tamén porque, segundo a Fundación Catedral e o alcalde de Santiago, todos os composteláns, galegos e visitantes de todo o mundo podemos gozar do templo en todo o seu esplendor.
No traballo de restauración e rehabilitación da catedral destácase o labor de conservación para devolverlle a policromía ao Pórtico da Gloria, obra cumio da arte universal e xoia escultórica do mestre Mateo.