Cargando resultados...
A Regata Rías Baixas encamíñase cara a un final moi incerto
O Sailway ocupa a primeira posición co Arroutado e o Magical moi preto del
G24.gal
12/08/2022 22:01
Disputouse a terceira xornada da Regata Rías Baixas cun percorrido de 15 millas pola Ría de Arousa con saída e chegada ante a Pobra. Venceu en tempo real o Aceites Abril. Magical foi segundo e o Solventis, terceiro.
Pero en tempo compensado o vencedor foi o Arroutado, relegando ao Aceites Abril ao terceiro posto. A falta de dúas etapas a igualdade é máxima, co Sailway liderando a clasificación xeral por diante de Arroutado e Magical. Mañá disputarase a etapa máis longa entre A Pobra e Vigo.