A festa da Reconquista volve con forza ás rúas de Vigo
Vigo viaxa no tempo para conmemorar o alzamento popular que logrou expulsar os franceses no 1809
Representacións teatrais, música e un mercado tradicional recrean o ambiente do século XIX
Os franceses recibían apupos e asubíos nas rúas do casco histórico de Vigo nas horas previas á expulsión das tropas.
O alzamento popular permitiu que Vigo, en marzo de 1809, expulsara o exército de Napoleón converténdose así na primeira localidade de Europa en conseguilo. E nesa vitoria as mulleres xogaron un papel fundamental.
Seguindo o guión da historia, esta festa volve recrear un dos momentos máis importantes da cidade. E había moitas gañas de volver saír á rúa tanto para a organización como para a xente que a desfruta.
Para amenizar esta fazaña, non faltou a música e o mercado tradicional inspirado no ambiente do século XIX.
Pero a Reconquista volve con algúns cambios. Este domingo á tarde será o acto central coa expulsión dos franceses a través dunha gran representación teatral que este ano será na explanada do Náutico.