Publicador de contidos

Publicador de contidos

A reacción do Mecalia Guardés chegou demasiado tarde

A reacción do Mecalia Guardés chegou demasiado tarde

Perdeu na pista do Xixón por 24-22 malia un gran treito final de partido

G24.gal 23/09/2022 22:27

O Mecalia Guardés non puido traer nada positivo da súa viaxe a Xixón onde perdeu por 24-22. A reacción no treito final do encontro non foi dabondo para sumar puntos na cuarta xornada da Liga Iberdrola. 

O partido comezou igualado pero pronto as locais comezaron a abrir diferenzas no marcador cun 9-5. Ao descanso a diferenza era de cinco tantos (15-10) e as sensacións do Mecalia non eran boas en defensa. 

Melloraron as prestacións no segundo tempo e o partido parecía moi controlado a prol das locais (19-13). Nese intre comezou unha gran reacción do Mecalia que chegou a poñerse a dous goles (22-20) e con tempo para soñar coa remonta. Faltou dar o paso definitivo e un pouco de forza nos minutos finais co que os puntos quedaron na casa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade