A raíña Letizia, anfitrioa dos acompañantes dos líderes da OTAN
Promóvese unha imaxe de modernidade de España á vez que a riqueza cultural, paisaxística, turística e gastronómica do país
Moitos dos líderes internacionais viaxan a Madrid acompañados dos seus consortes ou parellas. Para os acompañantes dos mandatarios preparouse unha completa axenda paralela de actividades coa raíña Letizia coma anfitrioa
Promóvese unha imaxe de modernidade de España á vez que a riqueza cultural, paisaxística, turística e gastronómica do país.
A primeira visita do programa levounos ao Real Sitio da Granxa de San Ildefonso. Para a viaxe ata Segovia os invitados desprazáronse no AVE, nun modelo de fabricación española deseñado para combinar os maiores niveis de confort e eficiencia enerxética.
Na Granxa, os participantes visitaron a Real Fábrica de Cristais, os xardíns, os talleres de talladura e desfrutaron dunha exhibición de vidro soprado.
De regreso a Madrid no AVE dirixíronse ao Museo Nacional de Arte Raíña Sofía para contemplar e compartir unha fotografía diante do Guernica de Picasso. Todo un símbolo contra a crueldade das guerras, xusto nun cumio da Alianza Atlántica tan marcado polo conflito en Ucraína.
Degustaron no restaurante do Raíña Sofía un menú elaborado por Paradores cunha escolma do mellor da gastronomía española. Dende cereixas do Jerte a Torta do Casar, pasando por vieira, bocarte, cordeiro ou chacina. Tamén hai selo galego: polbo á grella con pataca do país. Esta noite a cea será no Museo do Prado cun menú preparado por José Andrés.