Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Radio Galega é a emisora pública máis escoitada en Galicia, segundo o último EXM

A Radio Galega é a emisora pública máis escoitada en Galicia, segundo o último EXM

A Radio Galega é a emisora pública máis escoitada de Galicia, con 107.000 oíntes de luns a venres e 103.000 no conxunto da semana

A Radio Galega Música acadou 33.000 oíntes de luns a venres e 35.000 de luns a domingo

G24.gal 10/12/2025 08:06

O conxunto das emisoras da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia acadaron 140.000 oíntes de luns a venres e 138.000 de luns a domingo na terceira onda do Estudo Xeral de Medios deste ano. Falamos dun incremento no número de oíntes con respecto ao ano anterior do 6,06 % e do 3,76 % respectivamente.

A Radio Galega é a emisora pública máis escoitada de Galicia, con 107.000 oíntes de luns a venres e 103.000 no conxunto da semana. A Radio Galega Música acadou 33.000 oíntes de luns a venres e 35.000 de luns a domingo, o cal supón un incremento de 2.000 novos oíntes de luns a venres e de 6.000 no conxunto da semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade