Cargando resultados...
A proposta orzamentaria do BNG mobiliza 1.764 millóns
O BNG propón subir os impostos ás grandes fortunas para recadar 180 millóns de euros
G24.gal
11/11/2022 13:22
O BNG propón subir os impostos ás grandes fortunas para recadar 180 millóns de euros e mobilizar máis de 1.700 millóns para axudar a quen máis o precisa e reforzar os servizos públicos. Son as principais liñas dos orzamentos alternativos dos nacionalistas para 2023.
Ana Pontón dixo que é un modelo diferente que, fronte a insolidariedade dos orzamentos do partido popular, quere poñer no centro ás persoas e apostar por un novo modelo de fortelecemento económico que fortaleza os servizos sociais e que permita afrontar con garantía o futuro.