Publicador de contidos

Publicador de contidos

A produción industrial cae un 5,8 % en Galicia en abril

A produción industrial cae un 5,8 % en Galicia en abril

A nivel estatal, o Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) baixou un 5,7 %

Volve a terreo negativo tras dous meses consecutivos de repunta interanual

G24.gal 04/06/2025 10:47

O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) caeu un 5,8 % en Galicia en abril en comparación co mesmo mes de 2024, unha décima máis ca a media estatal (-5,7%), segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) este mércores.

A produción industrial galega volve a terreo negativo tras dous meses consecutivos de repunte interanual en febreiro e marzo. Na media do que vai de ano (o primeiro cuadrimestre) avanza un 0,4 %, o que contrasta coa diminución do 0,3 % en España no mesmo período.

A produción industrial só incrementou en tres comunidades no cuarto mes de 2025, con Baleares á cabeza (7,9 %), mentres que nas demais descendeu.

Datos estatais

A nivel estatal, o Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) baixou un 5,7 % en abril en relación ao mesmo mes de 2024, taxa 14,2 puntos inferior á do mes anterior e a súa maior caída desde marzo de 2024, cando se esborrallou un 12,1 %.

Co retroceso de abril, a produción industrial volve a taxas negativas despois da forte repunta que experimentou en marzo, do 8,5 %.

Con todo, nestas comparativas, hai que ter en conta que a Semana Santa deste ano celebrouse en abril, mentres que en 2024 tivo lugar en marzo.

Así, corrixindo as cifras de efectos estacionais e de calendario, a produción industrial aumentou un 0,6 % interanual o pasado mes de abril, tres décimas menos que no mes anterior.

En termos mensuais (abril sobre marzo) e dentro da serie corrixida de estacionalidade e calendario, a produción industrial baixou un 0,8 % tras dous meses consecutivos de aumentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade