Publicador de contidos

Publicador de contidos

A prisión o detido por roubar con violencia en tres xoierías da provincia da Coruña

A prisión o detido por roubar con violencia en tres xoierías da provincia da Coruña

Recoñeceu todos os feitos polos que era investigado

Acusábano tamén de dous delitos de estafa

G24.gal 25/08/2022 14:44

O detido polos tres roubos con violencia en xoierías das localidades de Santa Comba, Ordes e Santiago, o pasado mes de xullo, pasou este xoves a disposición xudicial. Recoñeceu todos os feitos polos que era investigado e o xuíz decretou o seu ingreso en prisión comunicada e sen fianza.

Ten 35 anos e é veciño de Carballo onde, tras saber da súa detención, os xoieiros din estar máis tranquilos. Recoñeceu tamén perante o xuíz ser o autor de dous delitos de estafa na compravenda de turismos.

Contactaba con particulares que vendían os seus vehículos e, tras reunirse en persoa, simulaba realizar unha transferencia bancaria que nunca chegaba á conta do vendedor, pero el xa levaba o coche nese momento. Cando os vendedores se daban conta do engano, intentaban contactar con el, pero éralles imposible porque despois de facerse cos automóbiles, cambiaba de número de teléfono. Eran as súas medidas de seguridade coas que trataba de entorpecer o labor policial.

Con todo, a Garda Civil logrou identificalo e prendelo. Resultou ser un coñecido das forzas de seguridade pola comisión de numerosos actos ilícitos de diversa índole e con varias requisitorias de diversos xulgados de Galicia e Asturias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade