Publicador de contidos

Publicador de contidos

Á prisión o detido pola morte dunha muller de avanzada idade na Coruña

Á prisión o detido pola morte dunha muller de avanzada idade na Coruña

O crime foi o 5 de maio 

G24.gal 24/05/2023 19:41

O xulgado do garda decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o suposto autor do homicidio dunha muller de avanzada idade na Coruña.

O suceso produciuse o pasado 5 de maio, cando unha chamada a emerxencias acabou co achado do cadáver da vítima, con claros signos de violencia. A Policía Nacional estableceu desde o principio que se trataba dun homicidio cometido, probablemente, por unha persoa da contorna da muller.

Tras uns días de investigación, os axentes conseguiron esclarecer o ocorrido, detiveron o suposto autor e rexistraron o seu domicilio. O pase á disposición xudicial do detido produciuse este mércores pola tarde e o xulgado decretou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza.

O suceso produciuse na vivenda da vítima, na coruñesa rúa do Parque, no barrio de Monte Alto, unha das zonas máis tranquilas dunha cidade que ten índices de criminalidade inferiores á media, polo que causou sorpresa na área.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos